A Deputación pon en valor o petróglifo da Bouza

0

Bisbarra, 26 de outubro do 2021 – A Deputación da Coruña comezou os traballos de posta en valor do petróglifo da Bouza Abadín, en Dodro.

Os traballos están financiados pola área de Turismo e Patrimonio Histórico  da Deputación. Limparanse os soportes dos gravados do petróglifo con técnicas manuais, eliminarase a vexetación e sinalarase de xeito convinte a súa localización.

O petróglifo está situado nas Comunidades de Montes “Cruz do Avelán”. A posta en valor chega despois duns traballos previos de roza nos terreos nos que se atopa. A principio de esta lexislatura acordárase esta mellora nunha reunión entre o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, e os concelleiros Cultura e Ensino de Dodro, Xoán Xosé Vicente Franco e Abel Tarrío.

O petróglifo de Bouza Abadín que posúe unhas privilexiadas vistas sobre o río Ulla, é sen dúbida o mais coñecido do concello de Dodro. A razón principal da súa singularidade, ademais do enclave natural privilexiado no que se atopa, é a súa combinación de motivos xeométricos, tales como círculos e “cazoletas”, e motivos naturalistas, comn a representación de animais como cervos e escenas de equitación.

Na actualidade, a visibilidade dos gravados é cada vez mais dificultosa debido a un manto de colonización biolóxica que cubre parcialmente as pedras, posto que a última intervención data de 2011.

Os traballos serán realizados pola empresa especializada Árbore S.Coop. Galega e consistirán na limpeza en seco dos soportes gravados eliminando a vexetación mais intrusiva e daniña seguindo as pautas de restauración pertinentes e mediante o uso de palillos de madeira, cepillos etc.

Posteriormente documentarase cada motivo mediante fotogrametría e xeración de modelos 3D que serán utilizados como base para a obtención de calcos dixitais. Por último, tamén se deseñará unha cartelería específica que integre o petróglifo cos demais bens patrimoniais da súa contorna

O petróglifo de Bouza Abadín forma ademais parte do roteiro Pena Nao, baseado na novela de Anxo Angueira; un recurso de especial interese cultural e patrimonial que pasa polos principais lugares arqueolóxicos de Dodro. Está considerado, ademais, un tesouro da Idade de Bronce.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial