A educación motivo de desencontro en Brión

0

Brión, 10 de setembro do 2021 – Os recortes no número de aulas e o futuro Consello Escolar de Brión centraron o debate no último pleno municipal.

Unha moción do BNG sobre estes temas provocou un desencontro co equipo de goberno municipal do Psoe que votou en contra mentres que o Partido Popular decidía absterse.

Imaxe de arquivo dun pleno en Brión

A moción nacionalista recoñece a responsabilidade da Xunta no peche da unitaria de Luaña o curso pasado e dunha aula noEEI de Sabaxáns este curso. Ao mesmo tempo acusa ao goberno municipal de inacción ante a Xunta e de non crear o Consello Escolar Municipal comprometido desde hai dous anos. Nas propostas pídese ademais a posta en marcha de un programa de conciliación en todas as idades.

Desde o equipo de goberno socialista solicitouse a retirada dun parágrafo e todo o segundo punto, as liñas críticas coa súa xestión, para poder apoiala pero se atoparon coa negativa do BNG.

Desde o psoe explican que non poden votar a favor dunha moción crítica coa súa xestión. Algunhas fontes consultadas por Lindeiros engaden que era o que buscaban os nacionalistas xa que como diciron no pleno “”xa supoñíamos que íades a votar en contra”.

Sobre o fondo da moción desde o goberno municipal lémbrase que os contactos cos equipos directivos dos colexios e coas ANPAS e constante.

Sobre o Consello Escolar Municipal dise que o compromiso se mantén pero que Brión, como outros concellos, ten unha falta de funcionarios provocada pola imposibilidade de novas contratacións que fai que implementar calquera novo organismo se converta en algo moi complexo e que implica moitos cambios.

Finalmente, sobre a conciliación que demandan, lémbralle ao BNG que existen 42 grupos de actividades de tipo deportivo e cultural que van dos 12 aos 16 anos; engaden que desde xuño a setembro participaron en actividades de conciliación cerca de 200 nenos e que se organizaron campamentos e un campus de fútbol polo que a súa petición mostra “un descoñecemento preocupante do que sucede en Brión”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial