A Ex Senadora Paula Fernández asume a concellaría de urbanismo de Silleda

0

Silleda, 2 de agosto do 2021 – A que fora alcaldesa, e posteriormente senadora, Paula Fernández, xurou no último pleno o cargo de concelleira e volve así a corporación municipal.

Fernández asumirá a área de urbanismo en sustitución de klaus Brey que abandonou a corporación por motivos familiares. Na súa etapa como alcaldesa xa xestionara este departamento dada a súa formación como arquitecta técinca.

Ata o de agora, dende o inicio da lexislatura, ao fronte de Urbanismo estaba Pili Peón, que pasa a asumir as áreas que levaba Brey. Deste xeito, sumará Medio Ambiente, Industria e Servizos, ademais de continuar con Emprego, Persoal e Comercio.

O resto de áreas quedan como estaban. O alcalde, Manuel Cuiña, continuará coas atribucións en Economía e Facenda, Seguridade, Réxime Interior e encargarase tamén de xeito directo dos grandes proxectos que se tramiten dende o Concello.

Mónica González é a responsable das áreas de Cultura, Turismo, e Deporte, ademais da Comunicación da entidade local.

Ángela Troitiño Gil encárgase das áreas de Benestar Social, Igualdade, Educación, Sanidade, Xuventude e Normalización Lingüística; Jesús Taboada Lázara cas funcións como responsable de Medio Rural, e o departamento de Vías e Obras segue coordinado por Antonio Ferro Losada, na concellería dende a que se abordarán as tarefas de mantemento por parte da Administración local.  En canto ás dedicacións, suprímese a que viña estando asignada a Brey Montaña.

O goberno municipal mantivo un primeiro encontro de traballo en días pasados trala incorporación de Paula Fernández como concelleira do grupo. “Nos vindeiros días farase o traspaso de traballo no departamento de Urbanismo, un departamento do que Fernández Pena é gran coñecedora”, explica Cuiña agradecendo tamén o traballo realizado por Pili Peón nestes dous anos ao frente de Urbanismo.

 “Temos por diante retos coma a aprobación do PXOM nunha área das de maior peso na Administración Local , e no ámbito da Medio Ambiente tamén quedan por diante destacados proxectos relacionados tanto cos servizos á cidadanía como co cumprimento da axenda 2030”, remarca o alcalde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial