A falta de mantemento dunha estrada da Xunta enfada aos veciños de Teo

0

Teo, 20 de setembro do 2021 – Veciños da Ramallosa expresaron aos medios de comunicación o seu malestar pola falta de mantemento da estrada AC 841, dependente da Xunta de Galicia.

Como sucede en moitas ocasións a falta de desbroces fai que a maleza invada a estrada. Unha situación que se complica en canto chegan as primeiras chuvias como se pode apreciar no tramo entre a urbanización Os Verxeles e a Ramallosa.

Desde a Concellaría de Servizos Básicos de Teo explícase que se falou en distintas ocasións coa Xunta de Galicia sin que dera resultado. Según esta concellaría a resposta foi que carecían de persoal suficiente e antes a suxerencia de contratar unha empresa externa que non tiñas recursos.

Para o concelleiro de Servizos Básicos de Teo, José Manuel Elías, a Xunta “ten que facer frente a súas obrigas e non deixar caer en abandono todo para que a veciñanza acuda a protestar a administración máis cercanas, que sempre son os concellos. Entendemos e compartimos o mal estar da veciñanza da zona, e  vendo que non había resposta a nosa petición de desbroce, a concelleira de Urbanismo, Uxia Lemus , enviou un escrito, adxuntando fotos a Axencia Galega de Infraestructuras, sin que ata esta data teñamos algunha resposta”.

Desde o grupo socialista municipal non se descarta levar unha iniciativa ao Parlamento Galego se non hai unha resposta clara da Xunta de Galicia.

Estrada que une a Ramallosa coa urbanización Os Verxeles

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial