A Festa da Camelia de Vedra compre 26 edicións

0

Vedra, 23 de febreiro do 2021 – A Festa da Camelia adáptase á pandemia e o concello de Vedra preparou distintas actividades a partir de este venres para celebrar a vixésimo sexta edición.

Mantendo as necesarias restricións sanitaria o concello vivirá a Festa da Camelia máis virtual. Unha serie de eventos que conformarán o que denominan un “Camiño de Camelias”. A inicitiva está incluída nunha campaña cultural máis ampla denominada “en corentena Vedra non Para”.

Programación

A programación comezará este próximo venres coa estrea, en liña, do audiovisual “25 anos das Xornadas arredor da Camelia”. Antes da chegada do Covid, en febreiro do 2020, Vedra puído celebrar os 25 anos das Xornadas dedicadas á Camelia, agora esta peza lembra a historia de este evento.

O domingo terá lugar un dos actos máis emotivos de esta edición. En cada unha das parroquias que colaboran cada ano na Festa da Camelia plantarse unha planta en homenaxe as persoas que poñen o seu esforzo para que todo saía ben.

Xa metidos en marzo Vedra organiza unha actividade para saber máis da Camelia. Os venres 5 e 12,  en liña, emitiranse dous video titorías para os amantes dos xardíns e a creatividade. O primeiro leva o título “Coñecendo a  flor, a folla e os coidados da Camelia” e o segundo de “Manualidade con Camelia para toda a familia”.

Non podía falta en este Camiño de Camelias o concurso infantil de pintura que chega a súa edición número 21. Coma sempre con tres categorías, de 3 a 6, 7 a 9 e 10 a 12 anos, nas que cada concursante poderá presentar unha única peza en tamaño A4. Cada unha das categorías terá 3 premios: unha tablet para o primeiro, un xogo educativo para o segundo e un lote de libros para o terceiro. O prazo remata o 5 de marzo e as obras poden entregarse nos colexios, no caso de estar matriculado no concello, ou na casa do concello. O resto das bases poden consultarse na web municipal.

A edición vixésimo sexta da Festa da Camelia será a máis dixital de todas as celebradas pero iso non impedirá que sexa un homenaxe a unha parte importante do patrimonio municipal. Para esta programación o concello de Vedra contou coa colaboración da Xunta de Galicia por medio do programa de apoio a actividades O teu Xacobeo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial