A Fundación Civio critica os contratos menores de Ames

0

Ames, 8 de xaneiro do 2021 – Civio pon a vista no concello de Ames polo presunto fraccionamento de contratos.

A Fundación inclúe a Ames nun extenso  informe sobre contratos que incumpren a lexislación para ser “otorgados a dedo”. O documento inclúese nunha das seccións do portal que leva o curioso título de “quien cobra la obra”.

Fundación Civio

Según a súa propia descrición a Fundación Civio é un organismo independente sen ánimo de lucro que “informa y presiona para lograr una transparencia real y eficaz de las instituciones”. Na súa páxina pódense ver cada día distintas novas referidas a xustiza, contratacións, transparencia ou medio ambiente entre outros.

Na sección “Quien cobra la obra” podemos ler distintos informes sobre as construtoras ou a xestión de contratos menores en ayuntamientos, deputacións, comunidades autónomas ou goberno.

Os autocine

No informe referido aos contratos menores Civio explica que o imorte máximo de estes documentos é de 15.000 euros polo que, en ocasións, as entidades fraccionan en varias partes as adxudicacións para non chegar a esa cifra.

O informe pon de exemplo a Ames nos seguintes termos “Pagaron a un empresario, Javier Polo Durán, 16.500 euros para celebrar un espectáculo en el pueblo. ¿Cómo lo hicieron, si el límite para dar ese contrato a dedo es de 15.000? Le adjudicaron, el mismo día, dos menores: uno para la actuación (13.223,14€) y otro para el alquiler del equipo técnico (3.305,79). Y arreglado”.

Xunto ao concello de Ames Civio menciona no informe a outros municipios e fai fincapé no caso da deputación de Ourense ou a Base Aérea de Albacete que chegou a adxudicar á mesma empresa 13 contratos no mesmo día.

Aínda que o informe non especifica a que espectáculo se refiren o Partido Popular emitía unha nota de prensa na poñía outro exemplo ” Esta práctica frecuente do alcalde de Ames tivo o último capítulo o pasado 20 de novembro do 2020 mediante a sinatura do Decreto 2903 para adxudicar por 13.980 € máis 2.935,80 de IVE, a realización do servizo de Autocine, desenvolvida en Bertamiráns e co Decreto de Alcaldía 3212 adxudicando o mesmo servizo por 10.800 euros, máis 2.268 de IVE, na última semana de decembro no Milladoiro. Un fraccionamento de contratos que suman entre ambos un total  24.780 euros, máis 5.203 de IVE”.

Os populares explican ademais que o feito de denominar de formas distintas o mesmo espectáculo ou asignalo a distintas concellerías non pode servir de argumento para estas prácticas.

Ilegais?

A propia Fundación Civio recoñece que a ambigüidade da lei non permite denominar estas prácticas como ilegais ” ¿Todos ellos son ilegales? Si leemos de forma literal lo que dice la ley, sí. Pero el detalle de cada uno de ellos -que no es público- y las interpretaciones más laxas del artículo de la discordia pueden librar a muchos de ellos de la quema. Por ejemplo, justificando que no se trata de un fraccionamiento, sino que son contratos destinados a cosas muy distintas y que darlos por separado no significa que se esté troceando uno grande para esquivar la ley. En todo caso, esta justificación debe estar incluida en el expediente, que casi nunca se publica. Otros muchos son un fraccionamiento ilegal clarísimo, se mire por donde se mire, se disimule o ni siquiera se intente esconder”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial