A hostalería condena a agresión aos propietarios dun bar do Milladoiro

0

Bisbarra, 7 de maio do 2021 – Asociación Hostalería Compostela condena nun comunicado  a agresión que sufriron os traballadores do Bar La Leche, no Milladoiro, Ames.

O 17 de abril o local do Milladoiro negouse a servir a uns clientes pola proximidade da hora de peche. Os clientes respostaron agredindo aos propietarios e atentando contra o mobiliario do local.

A garda Civil informou da detención de seis persoas relacionadas con este suceso. Todos serán acusados de dous delitos de agresión e un de danos.

A Asociación de Hostalería exixe que a Xustiza non deixe impune un ataque coma este. A organización engade que o sector vén desde o inicio da pandemia soportando limitacións que o manteñen nunha grave crise económica pero ademais tendo que asumir un papel de controladores das medidas impostas que, en ocasións, deriva en situacións coma esta.

Ampliación de horarios

Na parte positiva a Asociación de Hostalería alégrase da ampliación de horarios no sector tralo fin do estado de alarma. Desde este domingo remata o peche perimetral e suprímese o toque de queda (excepto nos municipios con restrición máxima). Os horarios do bares amplíanse ata as once da noite e os dos restaurantes ata a 1 da mañá.

A entidade recorda que aínda son moitos os hoteis e pensións de Santiago e a súa comarca que continúan pechados agardando por unha melloría da situación, negocios que se verán beneficiados polos cambios.

Por outra banda, a entidade valora que cafeterías e bares que tamén serven pratos combinados ou racións poidan ter a posibilidade de estar abertos durante o horario de ceas, pois se consideraba un agravio comparativo en relación aos restaurantes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial