A hostalería galega pide axuda en Compostela

0

Compostela, 18 de novembro do 2020 – A hostalería galega reuniuse en Santiago para exixir un rescate da situación crítica na que se atopa.

Máis de 2000 persoas e 150 vehículos chegados da Coruña, Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol pediron que melloren as axudas da Xunta e unha solución global para que a hostalería poda volver a traballar.

A hostalería galega pide axuda en CompostelaA convocatoria de manifestación foi feita, por primeira vez de xeito conxunto, polas asociacións Hostalaría Compostela, Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña, Asociación de Hosteleros Empresarios de Pontevedra (HOEMPO), Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), Federación de Empresarios de Hostelería e Turismo de Ourense e Asociación de Empresarios de Hostelería Ferrol e comarcas.

Camiñando ata o Obradoiro

A marcha partiu ás 11:00 horas do Palacio de Congresos para percorrer a pé o último tramo do Camiño Francés e chegou ás 12:30 horas á Praza do Obradoiro. Os actores Federico Pérez e Patricia Vázquez e a xornalista Belén Regueiro leron un manifesto no que a hostalería exixe a posta en marcha do Plan de Rescate que presentaron hai semanas á administración central e á Xunta de Galicia.

 

 
 
 
 
 
Ver esta publicación en Instagram
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

Una publicación compartida de Lindeiros.gal (@lindeiros.gal)

 

No comunicado as asociación exixen “unha solución global que nos permita traballar, cuns criterios claros, e buscar unha solución para aquelas persoas e negocios que desde o criterio sanitario non teñan condicións de poder desenvolver a súa actividade cun grao de normalidade aceptable”.

O sector tamén reclamou unha mellora nas axudas presentadas polo Goberno galego, que ven claramente “insuficientes” e das que, por agora, só falaron nas reunións técnicas que mantivo a mesa de diálogo entre Xunta e hostalaría.

Non a criminalización da hostalería

Os hostaleiros lamentaron que se lles siga criminalizando intentando presentalos como os principais responsables da pandemia da Covid-19, cando, segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 14.6 % dos total de casos activos prodúcese nas reunións privadas (comidas familiares, festas en pisos…) onde non hai ningún tipo de medidas de seguridade. “Chegamos á conclusión que canta menos hostalaría, máis contaxios no ámbito social privado”, subliñaron.

Para os representantes do sector galego as restricións aplicadas son “desproporcionadas” xa que, tendo en conta o dato de Incidencia Acumulada do virus a 14 días, Galicia é a cuarta comunidade que menos casos ten; e a 7 días, é a terceira comunidade con menor incidencia. Ademais, a hostalaría cumpre escrupulosamente as normas de seguridade que ditan as autoridades sanitarias, e demóstrao a práctica nulidade de sancións que existen no sector.

“Somos firmes defensores de que a saúde e a vida teñen a máxima prioridade. A economía é tamén condición necesaria para garantir a vida, polo que urxe tomar decisións nesta materia”, concluíron.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial