A hostalería iniciará accións legais contra a Xunta de Galicia

0

Compostela, 11 de xaneiro do 2021 – As Asociacións de Hostalería estudan tomar accións legais contra a Xunta de Galicia polo peche de estes días.

Os servizos xurídicos dos hostaleiros consideran que as últimas decisións da Xunta de Galicia poden supoñer un suposto de responsabilidade patrimonial. Para os avogados as medidas publicadas no DOGA do 8 de xaneiro  “teñen ocasionado un real e efectivo dano, economicamente avaliable e perfectamente individualizado, que os establecementos do sector non teñen o deber xurídico de soportar”.

As restricións adoptadas nesta norma afectan gravemente á hostalaría dada a escasa marxe que se dou (3 horas) entre o anuncio e a entrada en vigor da norma “Hai que ter en conta que no anuncio das restricións, acontecido ás 17.00 horas do día 8 de xaneiro, o conselleiro de Sanidade manifestou claramente que non sabía cando ían entrar en vigor”.

Por outra banda, as axudas que se publicaron ata o momento son anteriores a este peche e, nos termos das convocatorias publicadas, unicamente veñen a compensar unha mínima parte dos ingresos deixados de percibir (lucro cesante). A xuizo dos avogados das asociacións as axudas “en modo algún veñen a prever e/ou integrar a compensación das perdas orixinadas polas novas restricións impostas”.

Concentración en Monte Pío

A Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela convocaron unha concentración esta tarde diante da residencia oficial do presidente da Xunta de Galicia, en Monte Pío.

A protesta foi motivada polas últimas restricións impostas ao sector e para reclamar compensacións. Os hostaleiros lembran que os negocios están ao límite, cunha diminución dos ingresos dun 80% e coas axudas sen cobrar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial