Compostela, 6 de novembro do 2020 – A hostalería non acaba de ver unha saída e desconfía das medidas de apoio presentadas, polo menos ata velas publicadas, e prepara unha mobilización nacional en Compostela.
Lois López, vocal da Asociación de Hostalería de Compostela, explica que están revisando as cuestións legais xa que consideran que as restricións de mobilidade non poden coartar o dereito fundamental a manifestarse. Mentres non se descartan pequenas mobilizacións nas vilas pechadas
Sobre as axudas López non é capaz de facer unha valoración ata velas publicadas pero cre que é positivo que se comece a falar delas
Onte emitíase un comunicado pedindo medidas concretas como a exoneración, total o parcial, das cuotas da seguridade social; un novo sistema de abono dos impagos á seguridade social; aprazamento e suspensión de taxas da facenda estatal ou medidas con relación ao abastecemento de enerxía entre outras. Lois López fala de medidas urxentísimas
Estas peticións viñan firmadas pola Asociación Hostalaría Compostela, Asociación‑Provincial de Empresarios‑de hostalaría de A Coruña, Asociación‑de‑Hostaleiros‑Empresarios de‑Pontevedra‑(HOEMPO)‑, Asociación‑Provincial de Empresarios‑de hostaleira de Lugo‑(APEHL), Federación Provincial de Empresarios de‑hostalaría‑y Turismo en‑Ourense e Asociación de Empresarios de‑Hostalaría‑Ferrol e comarcas, organizacións que traballan na posibilidade da manifestación nacional que se celebraría a semana próxima.