A humanización do Milladoiro sen partida orzamentaria

0

Ames, 30 de novembro do 2021 – O Partido Popular de Ames denuncia que a humanización da AV. Rosalía de Castro no Milladoiro non ten partida nos orzamentos do estado.

Os populares critican o feito de que o anteproxecto fora presentado de xeito público antes que a veciños e oposición municipal. O PP local é duro nas súas declaracións e cualifica ao alcalde, Blas García, de “vende burra”.

O Partido Popular lembra que a avenida Rosalía de Castro é de titularidade nacional e que non podería ser transferida sen que existira unha alternativa. Deste xeito, según os populares, só o Ministerio de Fomento podería acometer a humanización da via e o proxecto tería que ser redactado e financiado desde o Ministerio de Fomento.

Lembran que ha partida non existía xa no anteproxecto de orzamentos e que o BNG incluíu nas súas enmendas a humanización da avenida Rosalía de Castro. Enmenda que non foi finalmente aprobada e que polo tanto deixa, según os populares amienses, ao concello sen a partida necesaria para acometer o proxecto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial