A licitación da xestión dos Centros Socioculturais de Compostela paralizada

0

Compostela, 3 de decembro do 2021 – O  Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia decidiu paralizar cautelarmente o procedemento de licitación do servizo de xestión dos Centros Socioculturais de Compostela.

A licitación da xestión dos Centros Socioculturais detense un mes despois da publicación dos pregos dos catro lotes nos que se dividiu a contratación. Faise atendendo a un recurso presentado pola CIG. Ao tempo, o TACGal reclamoulle ao Concello o envío do expediente administrativo, así como das alegacións que considere oportunas.

Compostela Aberta denunciaba a pasada semana unha serie de incoherencias nos pregos que podían motivar reclamacións do persoal. Ante a paralización decretada polo Tribunal De Contratación a voceira, Marta Lois, lembra que “o concelleiro respondeu coa súa soberbia ás nosas advertencias sobre os erros dos pregos”. Lois lamenta que suceda que “o concelleiro de Obras e Centros Socioculturais volvera ignorar as recomendacións que lle fixemos desde o noso grupo, mostrando novamente unha soberbia que acaba prexudicando á veciñanza de Santiago”.

Erros claros

A licitación da xestión dos Centros Socioculturais doi dividida en catro lotes, catro lotes (animación sociocultural, bibliotecas, atención ao público e novas tecnoloxías) que supoñen un  custo de 2,6 millóns de euros anuais, cun contrato que prevé adxudicarse por un prazo de dous anos.

Compostela Aberta denunciara que nos pregos existen erros difícilmente explicables, como o feito de que os horarios de abertura que se prevén no lote relativo á atención ao público non coincidan cos horarios establecidos no lote da animación sociocultural, nin tampouco cos horarios das bibliotecas dos centros.

Tamén en relación aos horarios, os pregos suporán o peche pola mañá de centros de cabaceira como Santa Marta, Fontiñas, Vite ou Conxo, así como o peche os sábados de tarde de todos os centros. Ademáis, no lote relativo á atención ao público contémplase a instalación dun dispositivo de cámara dual en tres centros socioculturais para o control do aforo, un sistema que semella inapropiado, que mesmo podería vulnerar os dereitos das persoas usuarias, que se anuncia dunha maneira imprecisa sen concretar sequera en que centros se vai utilizar, e co que o Goberno parece confundir o traballo de animación sociocultural co dunha empresa de seguridade.

En relación ás condicións do persoal, os pregos falan da contratación de 14 persoas para a atención ao público na rede de centros, pero as horas previstas para estes traballadores e traballadoras parecen indicar que estarán contratados a media xornada, algo que podería supoñer o incumprimento do deber de subrogación do persoal nas súas condicións actuais. Ademais, no caso da bolsa de horas para actividades extraordinarias de animación sociocultural figura un orzamento de pouco máis de 11€/hora, unha cantidade coa que parece difícil que se poida facer unha contratación de calidade de persoal especializado, tendo en conta que ese sería o  prezo a pagar á empresa e non directamente ao traballador ou traballadora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial