A Mancomunidade Barbanza Arousa Norte expónlle á Xunta as próximas estratexias turisticas

0

Bisbarra, 18 de outubro do 2021 – O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, mantivo unha reunión de traballo coa Mancomunidade Barbanza Arousa para tratar a estratexia turística de este destino.

Na reunión participou tamén a Xefa Territorial, María Barreiro. Esta mesa de traballo ten lugar tras a sinatura dun convenio para potenciar o turismo en Barbanza Arousa. O encontro tivo lugar no Salón de Plenos do concello de Rianxo.

 Por parte da Mancomunidade participaron Adolfo Muiños, presidente e alcalde de Rianxo; Xosé Lois, alcalde da Pobra do Caramiñal; María José Sampedro, tenente alcalde de Ribeira; Carlos Rodríguez, concelleiro de turismo de Boiro e Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade.

As actuacións incluídas na estratexia presentada se definen en torno ao Camiño de Santiago e a dualidade serra e mar para un posicionamento de turismo de litoral sustentable. Nestas actuacións destaca a potenciación do turismo náutico apoiando a travesía “Navega o Camiño” e o turismo gastronómico cos proxectos Conserva a Orixe e a ruta de tapas “Mais que tapas”. Tamén se centra na promoción realizando diferentes pezas de posicionamento do Camiño de Santiago como é unha guía e un audiovisual e tamén na comercialización, mediante a creación de 65 paquetes turísticos que se posicionarán en axencias nacionais e internacionais.

Con estas actuacións e outras que se están levando a cabo preténdese a mellora do posicionamento turístico coma un destino de primeira orde e o traballo pola calidade e a competitividade do sector.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial