A Mancomunidade barbanza Arousa organiza distintas visitas guiadas

0

Bisbarra, 31 de agosto do 2021 – Remata agosto pero aínda que tempo para disfrutar da contorna e a Mancomunidade Barbanza Arousa busca visitantes.

O Castelo da Lúa en Rianxo, o casco histórico da Pobra do Caramiñal, O Pazo de Goiáns en Boiro e o Dólmen de Axeitos en Ribeira son os recursos que se porán en valor a través das visitas guiadas que organiza barbanza Arousa.

Estas visitas serán realizadas por unha Guía Oficial de Turismo de Galicia en galego, castelán e inglés. As visitas realizaranse durante o mes de setembro e teñen como obxectivo poñer en valor o destino turístico.

De xoves a sábado

Os mércores visitarase a xoia do megalitismo, o Dólmen de Axeitos en Ribeira e os xoves convídase a descubrir o señorial Pazo de Goiáns de Boiro. Os venres de setembro o protagonismo será para o casco histórico da Pobra do Caramiñal e os sábados para o Castelo da Lúa en Rianxo.

Os domingos, dende o día 12, as visitas serán variables comezando ese mesmo domingo no Dolmen de Axeitos e continuando o día 19 no Pazo de Goiáns, para rematar, o último domingo de mes coa visita ao Casco Histórico da Pobra do Caramiñal.

As visitas son gratuítas con aforo limitado e reserva de praza no correo electrónico descubre@barbanzarousa.gal.

Con esta actuación, igual ca con outras coma o recen rematado Festival Paisaxes Sonoras, a Mancomunidade continúa traballando na posta en valor das paisaxes e recursos e afianzando o destino nos mercados potenciais así como traballando na desestacionalización.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial