A Mina de San Finx denunciada ante Europa

0

Bisbarra, 27 de xullo do 2021- A Mina de San Finx foi denunciada ante o Parlamento Europeo por inxectar metais pesados ao río e a ría durante catro anos.

Ecoloxistas en Acción denuncian que entre 2016 e 2020 abriuse un nivel máis profundo en San Finx. Esa nova escavación mantívose durante ese tempo, desaugada e vertendo residuos, sen a autorización necesaria.

Na denuncia destácase que a empresa Valoriza Minería obtivo fondos europeos do programa Horizonte 2020. Os cartos destináronse presuntamente ao salario do director da mina responsable dos vertidos.

A euro deputada Sira Rego foi a que presentou a denuncia ante o Parlamento Europeo. Ata o momento era coñecido que a empresa deitaba ao río metais pesados das catro plantas coñecidas de San Finx. A denuncia desvela que durante catro anos abriuse unha quinta planta que bombeou residuos ao río e á ría durante ese período.  Es planta non estava contemplada no proxecto aprobado no 2009.

Na pregunta parlamentaria a eurodeputada cuestiona ademais que a Comisión Europea achegara fondos europeos a Valoriza Minería para un proxecto de investigación do programa Horizonte 2020 que tivo á mina de San Finx como lugar de probas.

As probas do denominado proxecto “NEXT”, implicaron realizar estudos xeolóxicos precisamente nesta nova 5ª planta, aberta e desaugada ilegalmente pola mineira, que nin tiña autorización de vertidos nin avaliación de impacto ambiental para a actividade.

Sira Rego instou á Comisión Europea a investigar se os fondos europeos do programa NEXT foron usados para pagar o salario do director facultativo da mina de San Finx.

O director supostamente tería dado as ordes de manter desaugada a 5ª planta ata que finalizaron os traballos do proxecto europeo en 2020. A situación implicou vertidos continuos ao río, 7 km augas arriba da ría de Noia e do LIC Esteiro do Tambre, na Rede Natura 2000. Tamén desde Ecoloxistas en Acción se demanda á Comisión para que suspenda o proxecto e impoña sancións a Valoriza Minería e demais beneficiarios implicados.

Vertidos coñecidos por Augas de Galicia

Augas de Galicia mantén aberto un expediente de autorización de vertido á empresa mineira desde 2016 sen que ata o momento fora resolto. O feito de ter desaugado ilegalmente unha nova planta da mina debería implicar unha sanción inmediata. Ecoloxistas en Acción ven de notificar esta mesma semana a este organismo para que non poida alegar posteriormente descoñecemento dos feitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial