A mina de Touro no podcast de Lindeiros

0

Touro, 29 de marzo do 2021 – Esta semana o podcast de Lindeiros.gal analiza a situación actual en torno a mina de Touro.

Deixando a un lado comunicados e institucións preguntamos aos veciños de Touro. Aos que defenden a reapertura e aos que levan anos loitando pola súa paralización.

Viaxamos ata Touro para  reunirnos coa Asociación de Mineiros Touro O Pino e realizar a primeira entrevista que conceden. Defenden o proxecto mineiro porque consideran que é a única saída para o pobo

Non entenden a declaración negativa de impacto ambiental á que consideran “pouco obxectiva” e aseguran que se trata dun proxecto sostible

A entrevista completa a podedes escoitar no podcast de Lindeiros.gal, no seguinte enlace. Ou si o prefires descarga a app e búscanos como Lindeiros. Facéndovos mecenas apoiades unha información na que todo o mundo teña voz e seredes os que tiredes vosas propias conclusións

 

Na outra parte a Plataforma Mina Touro O Pino NON. A súa postura é coñecida así como todos os informes que presentaron ao longo dos últimos anos e que podedes ler en esta mesma web.

Consideran que a declaración negativa é unha batalla ganada pero seguen tendo permiso de extracción polo que o perigo de que se reanude a actividade é real. Cren que o conflito aparece porque hai xente á que só lle importa o diñeiro

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial