“A miña horta é a túa” volve a Silleda

0

Silleda, 16 de xuño do 2021 – Volve a Silleda a iniciativa “A miña horta é a túa”, promovido pola Fundación Baiuca Verdescente e que tivo a súa primeira edición o ano pasado.

“A miña horta é a túa” é un proxecto solidario, no que participan mozos e mozas de xeito voluntario e produtores de Silleda que aportan os excedentes da súas hortas. Os produtos distribúense despois a través do departamento municipal de Benestar Social ás familias en situación de vulnerabilidade.

O Concello de Silleda apoia a iniciativa, mediante un convenio de colaboración, aportando 1.000 euros. A proposta fomenta, ademais da Solidariedade, a interacción social e intergeneracional.

Dende hoxe mércores , e ao longo do verán, os voluntarios e voluntarias da fundación recollerán nas hortas os produtos para facer despois o pesado e reparto dos mesmos. As cestas entréganse en Benestar Social, onde de xeito confidencial se reparten os produtos. Nesta primeira sesión farase entrega a 10 familias.  O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, agradece a labor realizada pola fundación e destaca as vantaxes desta iniciativa que promociona ao mesmo tempo unha alimentación saudable, con produtos locais e de calidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial