A música de Pauliña este venres en Bertamiráns

0

Ames, 3 de marzo do 2021 – O Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, en Ames, acolle este venres, as sete e media da tarde, o concerto da banda de rock Pauliña.

Pauliña presenta o seu último traballo que leva por título A Malfalada. En el a banda mestura rock, folk country e blues

Por mor das restricións hixiénico-sanitarias, haberá límite de aforo e asignarase unha butaca, ben individual ou por agrupamento familiar, de forma automática na billeteira electrónica. Poderanse reservar como máximo 4 convites por persoa.

Paula Chaves

Paula Chaves é a muller detrás de Pauliña. É unhas das voces femininas con máis carácter e personalidade da actualidade. A súa imaxe provocadora, a súa forma de ser: directa, sinxela, achegada… non deixa indiferente a ninguén.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, anima á veciñanza de Ames a que acuda ao concerto de Pauliña xa que “conta cun directo potente e demoledor. Esta banda mestura o country coa música folk, rock e blues. As críticas recibidas sobre os seus dous primeiros traballos por parte do público e dos medios así o demostran”.

Pauliña, rodeouse dunha gran banda formada por músicos con máis de 20 anos de experiencia enriba das táboas. Iago Jorge (batería); Lolo Arincón (baixo); Paco Montoto (teclados e melódica); e Julián Gullón (guitarra) teñen unha conexión total con Pauliña, algo que contaxia ao público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial