A nova depuradora de Compostela terá que estar lista en 30 meses

0

Compostela, 25 de xuño do 2021 – O Consello de Administración de  ACUAES adxudicou a construción da nova depuradora de Compostela cun prazo de execución de 30 meses.

As obras da nova depuradora da Silvouta terán un custo de 55.888.690 euros. Licítanse ademais, cun investimento de 2.754.659 euros, os servizos de asistencia técnica á dirección facultativa.

A adxudicataria de esta segunda licitación será a responsable na supervisión e control da redacción do proxecto construtivo, da execución, control ambiental, coordinación en seguridade e saúde e da supervisión da posta en marcha da EDAR e da acometida eléctrica da nova instalación

Unha mellora da calidade do servizo

A execución deste proxecto ten como obxectivo mellorar a calidade das verteduras ao río Sar cunha redución considerable da carga contaminante, segundo esixe a normativa vixente, e resolver os problemas de capacidade hidráulica da actual depuradora.

Xunto á nova instalación, que dará servizo a unha poboación de 277.000 habitantes equivalentes, desenvolveranse as obras de conexión á rede de colectores existentes e dunha nova acometida eléctrica compatible coas necesidades enerxéticas da nova instalación e dotada dunha subministración eléctrica de respaldo.

Está previsto que o proxecto sexa cofinanciado polos fondos  Next  Generation da Unión Europea, en virtude do convenio de colaboración que  ACUAES, a Xunta de Galicia e o  Concello de Santiago de Compostela asinaron o pasado 5 de febreiro para a execución e explotación da instalación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial