A oposición abandona o pleno do Pino en sinal de protesta

0

O Pino, 2 de decembro do 2021 – Psoe e BNG abandonaron o salón de pleno do concello do Pino en sinal de protesta pola actitude do goberno municipal do PP.

Os concelleiros denuncian que foron convocados con menos dun día de antelación para tratar asuntos de carácter administrativo que, explican, non xustificaban a urxencia.

Casa do concello do Pino

Socialistas e nacionalistas engaden que como concelleiros da oposición non viven da política “dá política, no Pino, vive o Alcalde desde fai moito tempo xunto a algunha compañeira do seu equipo. Nós, non podemos xustificar a ausencia aos nosos traballos para tratar asuntos que levan en tramitación varios meses, somos máis serios e responsables”, afirman.

Expedientes administrativos

Os concelleiros foron convocados o pasado luns día 29 para un pleno o martes día 30 as tres e media da tarde.  A premura debíase a necesidade de  aprobar varios expedientes administrativos que levan varios meses en tramitación no Concello do Pino segundo afirman desde o PSOE local.

Psoe e BNG votaron en contra da urxencia e marcharon do pleno en sinal de protesta.  Consideran que tales feitos mostran, unha vez máis, a falta de respecto e consideración que ten o Alcalde co resto dos Grupos, “non se nos pode convocar a primeira hora da tarde do día anterior para primeira hora do día seguinte. “Nós, non podemos xustificar a ausencia aos nosos traballos para tratar asuntos que levan en tramitación varios meses, somos máis serios e responsables”, afirman.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial