A oposición da as costas a Bugallo que vinculará os orzamentos a unha moción de confianza (audios)

0

Compostela, 13 de marzo do 2021 – A oposición rexeitou o proxecto de orzamentos presentado polo equipo de goberno de Xosé Sánchez Bugallo para Compostela.

Tanto BNG como Compostela Aberta e Partido Popular recriminaron ao alcalde a actitude mantida nas últimas semanas. O retraso en levar as contas a pleno e o pouco interés mostrado en chegar a acordos foron algúns dos argumentos esgrimidos para votar en contra.

Imaxe de arquivo dun pleno anterior

Educados pero duros

A sesión mantívose nun ton dialogante e educado que non restou dureza. As posturas de goberno municipal e oposición quedaron ben definidas ao longo das dúas horas que durou o pleno.

Os reproches da oposición sobre a falta de interés en chegar a acordos foron constantes. Goretti Sanmartin, voceira do BNG, acusaba ao alcalde de “ter moita cara” ao levar a pleno orzamentos non aprobados nin en Tussa nin en Incolsa

No mesmo sentido falaba a continuación María Rozas de Compostela Aberta que cualificaba de “osadía” querer culpar á oposición do retraso na aprobación dos orzamentos ou na licitación dos servizos

Pola súa banda Alejandro Sánchez Brunete do Partido Popular comezaba a súa intervención poñendo un exemplo, según dixo, “obsceno” de porque non era viable o orzamento

A resposta do equipo de goberno chegou na voz de sindo Guinarte que ante as constantes acusacións de retraso explicou que non podían negociar un orzamento sen ter claro cal sería o escenario económico e legal co que se atoparían este ano

Marta Abal, a concelleira socialista encargada de presentar o orzamento, defendeu na súa segunda quenda unhas contas que considerou boas e centradas no social e na educación

Os reproches nas segundas quendas continuaron en termos parecidos e a antes da vocación o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou para agradecer o ton mantido durante toda a sesión polos grupos. O rexedor defendeu os orzamentos e dirixiuse ao voceiro do Partido Popular, Sánchez Brunete, que avanzou unha posible abstención de cara ao seguinte pleno,  para conseguir acordos de cara a esa sesión.

 

Todo o pleno pódese ver íntegro no seguinte enlace

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial