A parcelaria de Arca e San Miguel de Pereiro, no Pino, chega ao Parlamento

0

O Pino, 5 de xullo do 2021 – A parlamentaria socialista Carmen Rodríguez presentou unha proposición para desbloquear a concentración parcelaria nas parroquias de Arca e San Miguel de Pereiro no concello do Pino.

A responsable socialista acusou ao PP de “tomarlle o pelo aos veciños e veciñas que teñen optado pola concentración parcelaria duns montes que son dos poucos do termo municipal que non contan cunha adecuada ordenación nin concentración”.

O propio Concello recoñeceu fai pouco estas eivas ao aprobou unha declaración a raíz dunha moción presentada polo Grupo Socialista neste sentido. Rodríguez advertiu que “se ben a parcelaria de San Miguel de Pereira iniciou o proceso en 1998 e conta xa con estudo de impacto ambiental, o relativo ao monte de Arca non está nin iniciado, e mesmo carece de estudo previo de viabilidade”.

A parlamentaria socialista criticou “o escaso interese do goberno galego por axilizar as concentracións parcelarias nos montes de Galicia, que supón o desaproveitamento do 30 por cento da superficie forestal da comunidade”. Explicou que dos 2 millóns de hectáreas de monte, 600.000 carecen de ningunha actividade agrosilvopastoral, hai 1,38 hectáreas de propiedade descoñecida, 370.000 hectáreas concentradas e outras 112.000 en proceso de concentración, a maioría forestais.

Sinala que “a situación é que mentres a maleza e o abandono foron gañando terreo no campo galego, non houbo políticas por parte do goberno galego para frealo”. Apunta que entre 2009 e 2017 mantiveron os instrumentos postos en marcha polo goberno presidido polo socialista Touriño “pero non houbo un impulso real na aplicación destas ferramentas”.

Carmen Rodríguez salientou que mesmo a aprobación da Lei de Recuperación da Ferra Agraria ficou malograda “cando o goberno galego promove unha moratoria da plantación o eucalipto que provoca o efecto contrario, un efecto chamada ás cortas de madeira e plantacións indiscriminadas desta especie”.

Explica que mentres a mediados do século pasado había 900.000 propietarios de terras agrarias e forestais e nun número case equivalente de persoas que as traballaban, hoxe hai 1,7 millóns de donos de parcelas, pero só 49.000 ocupados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial