A pianista  Sofya  Melikyan debuta coa Real  Filharmonía de Galicia

0

Compostela, 19 de maio do 2021 – A pianista  Sofya  Melikyan debuta coa Real  Filharmonía de Galicia baixo a batuta do mestre Jaume  Santonja.

Aínda que o concerto de Compostela será o xoves o debut será en Vigo este mesmo mércores. O concerto de Santiago poderá seguirse tamén en directo por  streaming a través da canle de Youtube da  RFG As entradas xa están dispoñibles na web www.compostelacultura.gal.

Baixo o título  Outras  estacións, o programa, enmarcado no Ciclo de Piano Anxo Brage, comezará co Concerto para piano núm. 5 “Exipcio” de Camille  Saint- Saëns (1835-1921), que será interpretado pola pianista  Sofya  Melikyan, no que será o seu debut coa  RFG. A obra está inspirada nunha viaxe que o compositor fixo por terras exipcias e na experiencia sensorial que lle achegou. A continuación soará a Sinfonía núm. 9 “As estacións” de Louis  Spohr (1784-1859), baseada no contraste entre as catro estaciones do ano.

Sofya  Melikyan

Sofya  Melikyan naceu na capital  armenia de  Ereván, onde iniciou a súa formación na Escola de Música  Chaikovski. Continuou os seus estudos no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Joaquín Soriano, conseguindo o Premio Extraordinario de Honra Fin de Carrera. Posteriormente perfeccionou a súa interpretación en París. Realizou estudos de posgrao na Manhattan School  of Music de Nova York.

Eloxiada pola súa “exquisita sensibilidade artística”, ofreceu concertos en prestixiosas salas de Europa, Asia, Estados Unidos, Australia e Canadá; con recitais no  Carnegie Hall e no Lincoln  Center de Nova York,  American  Liszt  Society, Kennedy  Center, ‘ Philip  Lorenz Memorial  Keyboard  Concerts’ de Fresno, Opera House de  Guangzhou,  Concert Hall de Bulgaria e Festival  Chopin de Luxemburgo. Colaborou con diversas orquestras no seu país, Orquestra Filarmónica Europea, Nova Orquestra Nacional de España, Orquestra de Córdoba, Sinfónica de Valencia, Filarmónica de Andalucía, Orquestra Sinfónica de RTVE, Orquestra Sinfónica Nacional de Cuba,  North Shore  Symphony  Orchestra de Chicago ou a Sinfónica de  Vancouver.

Jaume  Santonja

O mestre Jaume  Santonja foi nomeado recentemente director asociado da Orquestra de Euskadi e desde 2018 é tamén director asistente da Orquestra Sinfónica da Cidade de  Birmingham. Obtivo un gran éxito nos seus debuts coa Orquestra Nacional da BBC de Gales e a Orquestra de RTVE. Foi seleccionado entre catro novos directores máis prometedores para participar en xuño de 2020 nas clases maxistrais exclusivas de Iván  Fischer e a Royal  Concertgebouw  Orchestra de Ámsterdam.

Compromisos recentes e futuros levarano á fronte da Orquestra Sinfónica de Milán  LaVerdi, Orquestra e Coro Nacional de Madrid, Orquestra de Euskadi, Sinfónica de Tenerife, Filarmónica de Málaga, Filarmónica de Holanda Meridional, Sinfónica de  Bilkent, Ópera Norte de Leeds,  Phion- Orchestra  of  Gelderland &  Overijssel, entre outras agrupacións.

Santonja tivo éxito en varios concursos internacionais de Dirección e posúe unha Mestría en Música (Dirección) do Real Conservatorio de Anveres e unha Mestría en Música (Percusión) do Conservatorio de Ámsterdam. Foi membro da  Gustav  Mahler  Jugendorchester e da Orquestra do Festival  Verbier. Ten tamén unha notable actividade como  arreglista e orquestrador musical, ademais de compositor de obras de música de cámara.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial