A pista que rodea a canteira da Casalonga, en Teo, pasa a ser propiedade da empresa

0

Teo, 11 de maio do 2022 – Un dos temores da Plataforma Casalonga Limpa de residuos, que a pista da canteira pasara a ser propiedade da empresa, ven de facerse realidade.

A Plataforma denunciou en varias ocasións que iso suporía un risco xa que impediría un control do que chega á canteira o do que se fai nela. Os socialistas de Teo desvelan que na última xuntanza de voceiros recibiron esta mala nova para o proxecto de recuperar o espazo.

Propiedade de toysal desde decembro de 2021

O PSOE explica que na última Xunta de Portavoces foron informados polo Alcalde de Teo, Rafael Sisto, dun comunicado do Catastro de data 2 de maio, sobre o cambio de titular catastral e rexistral da denominada pista da canteira, a nome de TOYSAL.

Os socialistas procederon a solicitar información de dito rexistro e comprobaron que a pista municipal da canteira da Casalonga, pasou a ser de Toca Salgado SL, TOYSAL, polo título de expropiación forzosa. O Psoe local considera que se trata dun “roubo dunha propiedade municipal pola Xunta de Galicia, a beneficio dun propietario, Toysal, autodenominado empresario Mineiro”.

Engaden que o único obxectivo de esta expropiación é evitar o control veciñal da actividade que se leve a cabo na canteira. Esa actividade, lembran, esta paralizada por un decreto asinado pola voceira socialista, Uxía Lemus, antes de ser cesada.

Inacción municipal

Na Comisión especial da Casalonga celebrada este martes tamén se deu a coñecer que o concello non compareceu ante o catastro para opoñerse ao cambio de titularidade.

Na comunicación o Catastro sinala que o 24 de xaneiro de 2022, deuse audiencia co Concello da nova titularidade de TOYSAL sobre a pista municipal e que “ el interesado no ha comparecido con el expediente por lo que se entiende su  conformidad con la alteración propuesta ”.

Na reunión Uxía Lemus requiriu ao Alcalde que cumprira coas súas funcións de defensa dos bens municipais, con todos os mecanismos legais e políticos ao seu alcance.

Uxía Lemus indica que “Resulta dunha gravidade absoluta o comportamento de Rafael Sisto desde hai meses no tema de Casalonga. Non só parece que non quere exercer de alcalde, senón que atranca a negociación con Toysal e a Xunta, nunha posición claramente obstrucionista á mesma, e contraria á defendida polos partidos da oposición e pola Plataforma veciñal Casalonga Limpa de Residuos.

Lemus solicita a Sisto que “retome a vía da colaboración que tantos bos froitos deu ata outubro de 2021, e que se coloque dunha vez por todas, en cabeza da fronte común para evitar a instalación de Toysal en Teo, que loite contra o roubo da pista municipal da canteira e que inicie xa a negociación para unha solución definitiva ao conflito da Casalonga”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies