A Pobra quere que a sobreira de Vilariño sexa incluída no Catálogo galego de árbores senlleiras

0

A Pobra, 24 de agosto do 2021 –  O Concello da Pobra do Caramiñal presentou, ante o Servizo de Conservación da Biodiversidade, a solicitude para incluír a sobreira de Vilariño no Catálogo galego de árbores senlleiras.

A Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo, incide na importancia da sobreira de Vilariño. Unha árbore que destaca polas súas características de porte (cunha altura aproximada de 14 metros), idade (superior ós 100 anos) e vencellamento social e cultural coa veciñanza.

No Diario Oficial de Galicia (DOG) n° 150 do 6 de agosto de 2021 publicouse o Anuncio do 23 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de varias árbores no mencionado Catálogo, entre as que figura a sobreira de Vilariño.

Durante 20 días hábiles dende o seguinte ao da publicación do anuncio no DOG permanece aberto o prazo coa finalidade de que todas aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito ou a través do enderezo electrónico dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras.

Cómpre sinalar que o procedemento de catalogación responde ao Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG n°74 do 17 de abril de 2007), que establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública durante un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial