A praia dos afogados, nova proxección en Ames

0

Ames, 19 de agosto do 2020 – O concello de Ames proxecta este xoves A praia dos afogados, película baseada nunha novela de Domingo Villar.

A praia dos afogados estaba previsto que se proxectara no anfiteatro do Milladoiro pero pola ameaza de chuvia trasládase a Casa da Cultura do Milladoiro. A cita a partir das dez da noite de este xoves.

 

Esta sesión de cine forma parte do programa “Visións” da rede cultural da Deputación da Coruña e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON.

A praia dos afogados conta cun amplo elenco de actores galegos entre os que se atopa o veciño de Ames Pepo Suevos. A actividade é de balde, até completar aforo, e organízase baixo as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a pandemia.

A praia dos afogados, nova proxección en Ames

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial