A presunta falsidade documental do ex alcalde da Baña pasa ao xulgado

0

A Baña, 3 de decembro do 2021 – A Fiscalía decidiu trasladar de oficio ao xulgado de Negreira a presunta falsidade documental do ex alcalde da Baña Andrés García Cardeso.

A Fiscalía presenta denuncia de oficio despois do informe recibido desde o concello, tal e como informamos en Lindeiros. O xulgado deberá decidir si admite a trámite a denuncia e a quen imputa en ela.

O pasado 21 de novembro o concello da Baña emitía o informe por presunta falsidade documental ao atopar unha licenza de actividade firmada polo ex alcalde, Andrés García Cardeso, co selo do concello pero sen estar asinada polo secretario nin constar en ela o decreto de autorización.

Catro días despois presentábase unha moción de censura contra Pereira que será debatida en pleno o vindeiro día 14. No caso de admitirse a trámite a denuncia, e a moción de censura saír adiante, daríase a circunstancia de que sería alcalde o mesmo que aparece na denuncia como presunto responsable dos feitos investigados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial