A primeira peregrina coñecida de Oroso, Margery Kempe xa ten unha estatua no concello

0

Oroso, 20 de outubro do 2020 – Margery Kempe é a primeira peregrina coñecida de Oroso xa que así o deixou reflexado na súa autobiografía no século XV, e xa ten unha escultura no concello.

A primeira peregrina coñecida de Oroso, Margery Kempe xa ten unha estatua no concelloMargery Kempe visitou Compostela despois de viaxar por Terra Santa e Italia. Todos estes viaxes, así como os feitos que a levaron a facelos, están recollidos no chamado Libro de Kempe, no que tamén se detalla o seu paso por Oroso no 1417. Na relixión anglicana é honrada como a mística que foi.

Oroso inaugurou na fin de semana unha estatua de homenaxe a Margery Kempe. No acto Manuel Mirás, que tamén é o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, anunciou “un importante investimento de 500.000 euros para potenciar esta ruta xacobea, pola que Oroso apostou desde un primeiro momento”.

A primeira peregrina coñecida de Oroso, Margery Kempe xa ten unha estatua no concelloEscultura de Gois

O Concello de Oroso inaugurou ademais unha escultura doada polo municipio portugués de Góis. A peza colocouse na rotonda da Foca e contou coa presenza da presidenta da Cámara Municipal de Góis, María Lurdes Oliveira; o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; a concelleira Isabel Fernández, e o concelleiro Luís Rey. O alcalde dicía no acto que “Esta escultura, doada polo municipio de Góis e realizada por tres artistas, dous deles portugueses e un galego, simboliza 13 anos de irmandamento e amizade”.

A primeira peregrina coñecida de Oroso, Margery Kempe xa ten unha estatua no concelloPola súa parte, a presidenta da Cámara de Góis destacou “a importancia do diálogo entre dous municipios e países diferentes, sobre todo nun ano tan complicado como o 2020”.

A primeira peregrina coñecida de Oroso, Margery Kempe xa ten unha estatua no concello

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial