A realidade de Riotinto, o futuro que Atalaya Mining quere para Touro

0

Touro, 5 de xullo do 2021 – O proxecto mineiro de Touro, incluso despois da DIA negativa, segue sendo vinculando a Riotinto pola empresa Atalaya Mining.

Na súa web oficial pódese ler a día de hoxe que “Atalaya is focused on creating a portfolio that combines producing, development and exploration assets and this project is considered as a low-geographical-risk first step in creating a growth portfolio to complement Proyecto Riotinto”. (Atalaya enfócase en crear unha carteira que combine activos de produción, desenvolvemento e exploración e este proxecto considérase como un primeiro paso de baixo risco xeográfico na creación dunha carteira de crecemento para complementar o Proxecto  Riotinto).

No documento que se usa na zona nas reunións veciñais as referencias a Riotinto son abundantes, chegan a inserta imaxes da mina andaluza como exemplo do que queren que sexa Touro

 

 

Quixemos saber que hai de realidade no éxito de Riotinto r no podcast de hai unha semana falabamos con Isidoro Albarreal de Ecologistas en acción e que leva moitos anos analizando aquel proxecto.

Comezamos por preguntar pola evolución de Riotinto nos últimos anos, Isidoro lembra que en Andalucía está moi presente o sucedido coa presa de Aznalcoyar no ano 1998

Tendo o precedente de Aznalcoyar, tendo a posibilidade de evitar o perigo resulta difícil de entender porque no se fai nada desde as empresas e se ignorar os riscos. Coma sempre a resposta é a búsqueda de beneficios

Isidoro fai referencia na resposta a unha solución sinxela que diminuiría o risco, á que se comprometeu a empresa, e que non está cumprindo: o espesamento dos lodos

Desde a súa experiencia cre que Atalaya Mining fará o que sexa preciso para conseguir unha autorización. Parécelle especialmente grave que se intente existindo xa unha declaración de impacto ambiental negativa

A empresa mantivo na última Xunta de accionistas, celebrada en Londres o pasado 24 de xuño, a intención de loitar por reabrir a mina de Touro. na conversa con Isidoro Albarreal queda bastante claro que si a referencia para esa reapertura é Riotinto o problema pode ser maior que o actual. Polo momento ninguén saben si presentaron un recurso pola DIA negativa, e moito menos si de facelo obtiveron resposta. Aínda no caso de que definitivamente desistiran do proxecto, hai unha pregunta aínda por respostar: que vai restaurar o estragado?.

Se queres escoitar a entrevsta completa e todos os contidos que publicamos faite mecenas de Lindeiros desde 4 euros ao mes nos seguintes enlaces.
Descarga a app de Patreón en android https://play.google.com/store/apps/details?id=com.patreon.android
ou en IOS
https://apps.apple.com/es/app/patreon/id1044456188
Ou si o prefires directamente desde a web
https://www.patreon.com/lindeiros

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial