A Rede de Calor de Silleda, seleccionada no Proyecto Clima 2019

0

Silleda, 25 de xaneiro do 2021 –  A Rede de Calor con biomasa impulsada polo Concello de Silleda vén de ser seleccionada como Proyecto Clima 2019.

A participación de Silleda, xunto a outros municipios de todo o territorio nacional, implica que o Concello obteña ingresos anuais por cada tonelada de CO2 que deixe de emitirse cada ano.

Inauguración da rde de calor a finais do 2018

A rede de calor de Silleda púxose en marcha a finais de 2018, dentro da convocatoria do Fondo de Carbono para unha Economía Sostible (FES-CO2). É a primeira de carácter público-privado en Galicia e presentouse á convocatoria a través do canal clima da Asociación Española de Valorización Energética de la Biomasa (AVEBIOM), que se encargará tamén de facer o seguimento e verificación da iniciativa, así como de expedir o certificado das emisións que se reducen.

A axuda estimada é de 9,7 euros por tonelada verificada. O alcalde, Manuel Cuíña explica que “É sen dúbida unha gran noticia xa que a Rede de Calor supuxo un fito no marco das actuacións sostibles promovidas dende o Concello de Silleda”.

A rede de Calor, que comezou na súa primeira fase abastecendo a instalacións municipais como a Escola Infantil, Campo de Outeiriño, pavillón de deportes e tamén á Residencia de Maiores e ao Hotel Vía Argentum, extenderase este ano á actual Casa da cultura, na que será a segunda fase de actuación, cun investimento de case 200.000 euros. A actuación desta segunda fase estivo en licitación ata o mes pasado, presentándose tres ofertas. O procedemento de adxudicación desta fase, que subvenciona o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) continuará nas próximas semanas.

A convocatoria na que a rede de Silleda foi seleccionada é a oitava xa do Proyecto Clima, para apoio e fomento de actividades baixas en carbono, mediante a adquisición das reduccións verificadas de emisións xeradas.  Con esta iniciativa o FES-CO2 pretende dar continuidade e impulso ao desenvolvemento de iniciativas de carácter  programático que engloben varios proxectos dentro dun mesmo paraugas.

Recoñecementos

A finais de outubro de 2018 Silleda situábase na vangarda enerxética ca instalación, que abastece a 6 edificios (con calefacción e auga quente sanitaria ) e cun investimento de máis de 1 millón de euros, con aportacións  de fondos europeos, a través do INEGA, e municipais, a través do Plan Concellos da Deputación.

A rede, de biomasa con astilla, subministra calefacción e/ou auga quente sanitaria aos edificios, Esta obra non só redunda nunha maior redución de gases contaminantes senón que tamén é unha aposta polo aforro económico.

En marzo de 2019, a Rede de Calor con Biomasa de Silleda recibiu o Premio ao mellor proxecto de Enerxía Renovables, outorgado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial