A traxicomedia 32 m2 esta fin de semana en Compostela

0

Compostela, 4 de maio do 2021- ButacaZero presenta esta fin de semana en Compostela a traxicomedia 32m2 que xira en torno ao confinamento.

A compañía presenta no Principal de Compostela unha obra de teatro absurdo que nace da experiencia do tándem artístico durante o encerro.

A peza, que se poderá ver o venres 7 e o sábado 8 a partir das 20.30 horas, presenta a Mar e Xan, unha parella “antisistema” que afronta, de súpeto, o confinamento de toda a poboación.

ButacaZero é unha plataforma creativa dirixida por Esther F. Carrodeguas e Xavier Castiñeira. En este caso presentan unha viaxe cara un pasado recente “á fin de provocar unha catarse colectiva ante un acontecemento que marcou, e marcará, a vida da sociedade”: o encerro da pasada primavera.

A peza, que conta cunha banda sonora orixinal creada polo músico Rodrigo Cuevas, nace coa vontade de ofrecer unha ollada singular, reflexiva e “sandadora” sobre o confinamento. A través de elementos cómicos e tráxicos, 32m2 pon o foco sobre a convivencia habitual da sociedade coa precariedade e as desigualdades a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera “antisistema” e que habita con tranquilidade nun pequeno piso

dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación e o país se transforma nunha HiberNación.

A nova produción de ButacaZero preséntase ao público a través dunha Xira confinada, unha serie de funcións que se desenvolven en diferentes localidades galegas até o 20 de xuño. Esta fin de semana a obra representarase en Santiago de Compostela, cidade na que se poderá ver o venres 7 e o sábado 8, a partir das 20.30 horas, no Teatro Principal.

Prefunción e 32m2 no papel

Esta mesma semana o elenco da peza participará nunha “prefunción”, unha conversa que se emitirá a través das redes sociais de Compostela Cultura. No encontro, Xavier Castiñeira, Nuria Gullón e Xurxo Cortázar darán a coñecer ao público as súas impresións e perspectivas tanto da obra como do proceso creativo e mesmo da posibilidade de realizar unha xira coas datas pechadas durante unha pandemia mundial.

De cara ao día sábado 8, a dramaturga e co-directora, Esther F. Carrodeguas, asinará exemplares tanto do texto de 32m2 (Edicións Positivas) coma de Malcriada na Feira do Libro a partir das 13.00 horas. Ambas obras pódense adquirir a través do web https://edicionspositivas.com e nas librarías Couceiro, Follas Novas, Chan da Pólvora ou Pedreira de Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial