A Unidade de Atención Psicolóxica da USC confírmase como unha necesidade do alumnado

0

Compostela, 2 de agosto do 2021 – A Unidade de Atención Psicolóxica da USC, posta en marcha no mes de maio, confirmouse como unha necesidade do alumnado en estos primeiros meses de traballo.

En apenas 60 días efectivo efectivos de actividade, a Unidade de Atención Psicolóxica acumula preto de 200 solicitudes de atención. O obxectivo cando naceu era converterse nunha ferramenta de apoio para alumnado da USC con necesidades de atención psicolóxica, nun primeiro momento vinculadas coa actual situación sanitaria derivada da COVID-19.

Das 182 solicitudes recibidas nun primeiro momento, 76 foron derivadas a outros servizos máis específicos para o seu correcto tratamento ou se lles prestou a información requirida.

Das restantes consultas á unidade pxicolóxica, derivaron un total de 14 sesións celebradas en maio, 80 en xuño e outras 65 en xullo, o que permitiu dar de alta nestas primeiras semanas de traballo a 28 persoas. Neste senso, son un total de 34 as persoas que recibiron máis dunha sesión dende a posta en marcha do servizo. Actualmente a lista de espera para acceder a atención psicolóxica ascende a 72 persoas.

En opinión de Ana López Durán, responsable desta Unidade, estas cifras dan conta da pertinencia de activar este servizo e chama a atención sobre a necesidade de prestar a adecuada importancia á saúde psicolóxica, tanto no actual contexto sanitario como en condicións normais. Como explicou no encontro cos medios de comunicación, xunto co responsable global COVID da USC, Javier Ferreira, o traballo de atención persoal compleméntase con outras actividades a través de redes sociais, como publicacións en Instagram, que achegan recomendacións referidas ao coidado da saúde mental e o benestar psicolóxico, como a importancia de hábitos de sono axeitados, técnicas de control da activación ou sobre a importancia do exercicio físico, entre outros aspectos.

Ansiedade e estado de ánimo deprimido fundamentalmente relacionados coa situación de distanciamento social derivado da COVID-19 definen a tipoloxía de problemas e actuacións máis habituais acometidos na intervención coas persoas atendidas ata o momento. Segundo a profesora López Durán, no caso específico do alumnado, a situación estaba igualmente acentuada por coincidir estes meses co período de exames, o que tivo o seu reflexo na identificación de problemas de concentración, para durmir ou unha excesiva activación fisiolóxica.

A posta en marcha da Unidade resposta a unha demanda insistente de prestación de servizos para alumnado neste ámbito, sinalou o responsable global COVI Javier Ferreira. Á vista dos datos rexistrado, con máis de 140 solicitudes de atención nos primeiros días de funcionamento do servizo, o interese suscitado entre o alumnado, en opinión do responsable COVID remarca a pertinencia de manter a Unidade unha vez superada a actual situación sanitaria. Neste senso, Ferreira agarda que o seu sostemento económico poida contar coa sensibilidade e apoio da administración autonómica con competencias neste eido. Igualmente, agradeceu o labor desenvolvido polo equipo da Unidade e cualificou de sobresaliente a xestión da situación este curso aínda baixo os efectos da COVID-19, “grazas á implicación da comunidade universitaria e particularmente do estudantado, cun comportamento exemplar” como reflicten os datos de incidencia nas aulas universitarias ao longo do curso.

Atención Psicolóxica

O novo servizo gratuíto de atención psicolóxica ao alumnado da USC botou a andar de xeito telemático nesta primeira fase, durante a que o estudantado da USC que o precise pode canalizar as consultas a través do enderezo de correo electrónico atencionpsicoloxica@usc.gal. As demandas trasladadas polo alumnado a este servizo son atendidas por dúas psicólogas xerais sanitarias coordinadas pola profesora López Durán.

A posta en marcha desta estrutura universitaria corrobora a sensibilidade e a cada vez maior preocupación da institución académica polo benestar psicolóxico dos/as estudantes. Daquela este novo servizo ten como fin servir de axuda á mocidade estudantil que estea a sufrir problemas ou se atope en calquera situación de risco asociada ás problemáticas, cambios ou esixencias sociais e académicas que se teñen visto incrementadas pola pandemia por COVID-19.

De cara ao novo curso, a Unidade continuará prestando atención ás demandas actualmente en lista de espera e ampliarase co desenvolvemento de talleres específicos sobre obxectivos concretos, como por exemplo, o control do estrés ademais de seguir realizando materiais de apoio con recomendacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial