A Valedora do Pobo dalle cinco días ao concello do Pino para que entregue documentación

0

O Pino, 12 de abril do 2021 – Tras varios requirimentos da Valedora do Pobo ao  Concello do Pino a institución galega dalle cinco días para que explique os retrasos na entrega de documentación á oposición.

Neste escrito, de data 9 de abril, a Valedora lémbralle por enésima vez a súa obriga legal de facilitar toda a documentación e expedientes que obren en poder dos servizos da Corporación e que sexan solicitados polos distintos concelleiros e concelleiras. No caso contrario advírtelle que, “o asunto será incluído no Informe Anual ou Especial correspondente, con mención do nome ou nomes das autoridades ou funcionarios que persistan nesta actitude”, e que dito informe será dirixido ao Parlamento de Galicia.

O PSOE local afirma que leva todo este mandato solicitando varios expedientes e as actas das Xuntas do Goberno Local, “as nosas peticións sempre son ignoradas e rexeitadas por parte do Alcalde, persiste nesta actitude de nula transparencia e incumprimento de deberes legais porque sabe que o estamos controlando e fiscalizando, e, tamén, sabe que a súa xestión é máis que discutible e ten moito que agochar”, resalta o voceiro socialista, Óscar Vilar.

Vilar engade que “ao noso Grupo xa non nos estraña nada de Manuel Taboada, o que si lamentamos e que sexa a Valedora do Pobo a que teña que lembrarlle continuamente as súas obrigas. Así mesmo, resultaría moi triste que o nome do Concello do Pino fora sinónimo, nun informe da alta institución galega, de falta de transparencia debido aos caprichos do Alcalde. Cando un político, que cobra do diñeiro público, non sabe aceptar as críticas e o control por parte da oposición o mellor que pode facer é abandonar o cargo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial