A Valedora do Pobo incluirá no informe anual ao alcalde de O Pino

0

O Pino, 30 de xuño do 2021 – A Valedora do Pobo incluirá no informe anual ao alcalde de O Pino, Manuel Taboada, como persoa que incumple reiteradamente as súas indicacións.

A Valedora remitiu escritos ao alcalde ata en tres ocasións para lembrarlle que  “tódolos membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde tódolos antecedentes ou informacións que obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función”.

Os feitos remóntanse ao pasado 28 de outubro onde a Valedora, tras a queixa do PSOE, efectuaba o primeiro recordatorio de deberes legais ao Alcalde, reiterando a mesma recomendación os días: 4 de xaneiro, 9 de febreiro, e, por último, o 9 de abril. Requirimentos que sempre foron ignorados por parte do rexedor do Pino.

Transcorridos os prazos establecidos sen contestación de ningún tipo, a alta institución galega vén de confirmar ao PSOE local que incluirá no seu informe anual, que remite ao Parlamento, o nome da institución e nomes das persoas que incumpren coas súas obrigas legais.

Para o voceiro socialista do Pino, Óscar Vilar, “a postura do alcalde é un claro desafío á Valedora do Pobo e, por tanto, unha gran falta de respecto ás altas institucións galegas, motivos máis que suficientes para que o PP provincial, con Diego Calvo á cabeza, non fique mudo”.

O PSOE lamenta esta situación e xa estuda emprender accións xudiciais para dar plena efectividade aos seus dereitos, indicando que, “o informe da Valedora non fai máis que corroborar o que vimos denunciando durante todo este mandato, o comportamento caciquil do PP do Pino”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial