A Viaxe e Artesana foron os gañadores do Santiago(é)Tapas

0

Compostela, 19 de decembro do 2018 – Cunha festa na Sala Malatesta rematou o Santiago(é)Tapas 2018. Artesana co “Capuccino” gañou o premio do público e A Viaxe con “Montadiño Tenreira-Arzúa-Ulloa” foi o vencedor para o xurado profesional.

Santiago(é)Tapas 2018 repartiu máis de 30.000 tapas e recolleu máis de 21.000 votos válidos. No concurso, organizado por Turismo de Santiago e a Asociación de Hostalería, participaron 68 locais na primeira fase. Das 101 tapas o xurado profesional escolleu dez que pasaron á final. Entre o 7 e o 9 pasados o público elixiu entre esas dez tapas as dúas mellores e un novo xurado aos 3 gañadores da edición.

As tapas premiadas foron:

Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros. “Montadiño Tenreira Arzúa-Ulloa” de A Viaxe.

Segundo Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros. “Croqueta” de Artesana.

Terceiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros en produto. “A Pataca Quechola” de Doña Ana.

 

 

Primeira Tapa do Público, dotado con 700 euros. “Capuccino” de Artesana.

Segunda Tapa do Público, dotado con 300 euros. “Petisco galego 100% apto” de TS A Casa.

Premio(É)Tapas+, ao máis activo dinamizador do concurso nas redes sociais, dotado con 700 euros: @queverensantiago, usuario de Instagram.

Fin de festa

Na festa de entrega estiveron presentes as anfitrionas Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago, e Sara Santos, presidenta da Asociación de Hostalería de Santiago de Compostela; así coma a xerente do Turismo de Santiago de Compostela, Flavia Ramil; a vicepresidenta da Asociación de Hostalaria, Rita Sobrado; Carlos Fuertes en representación do patrocinador Mahou; Miguel Sandá, xefe de zona centro de Cash Record e Jorge Guitián, coordenador do xurado, entre outras personalidades.

Ademais da entrega de premios, presentada por Evaristo Calvo, a festa final contou coa participación dalgúns gañadores das pasadas edicións, como Tapería Castelao,  O Ferro, A Maceta e Hotel Puerta del Camino, que prepararon en directo as súas tapas galardoadas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial