A Xerencia de Atención Primaria manterá o consultorio médico de Abellá en Frades

0

Frades, 28 de abril do 2021 – Frades confirma que a Xerencia de Atención Primaria non contempla nin contemplou en ningún momento o peche do consultorio médico de Abellá.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “sabemos que a problemática radica en que o consultorio de Abellá non cumpre cos protocolos de seguridade contra a Covid-19, ao que hai que engadir que o facultativo do centro se saúde de Ponte Carreira é persoa de risco, polo que tería que estar acompañado doutro facultativo para poder reabrir o consultorio de Abellá”.

Roberto Rey considera “vergonzoso que, no medio dun estado de alarma, o PSOE de Frades e unha deputada autonómica veñan a Abellá a mentir e xerar confusión entre a veciñanza dicindo que se vai pechar o consultorio. Sobre todo cando en ningún momento se interesaron por esta cuestión nin se informaron no Concello sobre a situación real co consultorio”.

Rey engade que “estase facendo o mantemento e a limpeza do consultorio de Abellá e agardamos que cando termine o estado de alarma e gran parte da poboación estea inmunizada se poida reabrir o consultorio”.

Explicacións da Xerencia

Neste sentido, dende a Xerencia de Atención Primaria confirman que o consultorio de Abellá non está aberto porque non permite a implantación dun circuíto de prevención fronte á Covid-19, pois non ofrece opción de entrada e saída diferenciadas nin separar zonas independentes para a atención de posibles casos positivos, cuestións que si permite facer o centro de saúde de Ponte Carreira.

A maiores, o facultativo que presta servizo no consultorio é unha persoa maior e figura nos grupos de risco fronte á Covid-19. De acordo co “Procedimiento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la exposición al SARS-CoV-2”, cando isto ocorre o facultativo non pode estar so no consultorio, senón que precisa da presenza dunha segunda persoa que lle permita cambiar de lugar ou que faga tarefas con pacientes sospeitosos de Covid-19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial