A XIV Feira do Románico de Negreira celebrarase do 3 ao 5 de setembro

0

Negreira, 13 de agosto do 2021 – Tras a suspensión da Feira do Románico o pasado ano, o concello de Negreira celebrará a XIV edición no mes de setembro.

A presentación da Feira do Románico tivo lugar no salón de plenos do concello. Participaron o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, representantes do departamento de Turismo e de Cultura e Deportes e da empresa que xestionará os postos da feira, Hípica Celta.

O alcalde avanzou as actividades e normativas da XIV edición da Feira do Románico. Do 3 ao 5 de setembro, ademais de diversos obradoiros e postos de artesanía e hostalaría, os asistentes poderán gozar dunha ampla programación de actuacións musicais e actividades a pé de rúa que se irán coñecendo nas vindeiras semanas.

Para cumprir coa normativa covid, o Concello imporá novas restricións que axuden a evitar aglomeracións. Non haberá tabernas e chiringuitos e a feira pechará ás nove da noite para impulsar a restauración local. Tamén reforzarán a presenza das forzas de seguridade municipais e civís para supervisar o cumprimento das medidas establecidas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial