A xuíz sobresé a causa penal contra o goberno e os funcionarios de Teo

0

Teo, 28 de xaneiro do 2021 – O Xulgado de instrución nº 1 de Santiago ven de sobreser a causa penal contra o alcalde, a concelleira de urbanismo e o arquitecto do concello de Teo.

A denuncia penal fora presentada pola empresa Toysal no pasado mes de Nadal. A propietaria da canteira da Casalonga acusaba a Rafa Sisto, Uxía Lemus e Ignacio Soto de coaccións, prevaricación, malversación de fondos públicos e falsidade documental.

Na sentenza a Maxistrada Ana López Suevos vincula todo o proceso ao conflito sobre a titularidade da pista da canteira dicindo que “a querelante sostén con rotundidade que se trata dunha pista de propiedade privada pois discorre entre as parcelas da súa propiedade”. Os feitos denunciados serían legais ou ilegais en función de esta circunstancia.

Tras estudar a documentación a Maxistrada toma en consideración o informe presentado polo concello de Teo no que defende a titularidade municipal da pista. En concreto a sentencia alude a “acta de recepción dos camiños de uso público e planos de situación dos camiños afectados de data 14 de maio do 2018, da Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias da Xunta de Galicia.”

A disputa é, según a sentenza, unha cuestión administrativa pero nunca penal “infírese que a titularidade do ben non é unha cuestión pacífica, e a mesma debería solventarse na xurisdición competente, que obviamente non é a penal.”

A sentenza non considera actuacións ilegais as do concello xa que se sostiveron en bases xurídicas “Mentres o anterior non aconteza, non apreciamos actuación delictiva nos querelados que actuaron sempre coa convicción da titularidade municipal do viario controvertido. Debe subliñarse que o convencemento de que a pista non é de dominio privado ten base xurídica e fáctica, non respondendo por tanto a unha postura infundada e arbitraria por parte daqueles”.

A sentenza pode  ser recorrida pero so na forma. En certo modo, obriga a Toysal a demostrar a titularidade da pista antes de continuar adiante con esta ou outras querelas. O recoñecemento por parte dun xulgado dos documentos presentados polo concellos sobre a titularidade da pista crea tamén un precedente ante o proceso de expropiación en curso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial