A Xunta empraza a Ames a buscar acordos con Santiago para a liña de autobús de Ortoño

0

Ames, 13 de xaneiro do 2021 – A Xunta ven de emitir un comunicado no que “lembra” que o concello de Ames debe acadar acordos con Santiago para a liña de autobús de Ortoño.

A Xunta lembra tamén que “A liña da parroquia amiense de Ortoño estaba a ser prestada polo transporte urbano do Concello de Santiago, como prolongación dunha liña urbana”. Na nota tamén se indica que o servizo non forma parte do ámbito do Plan de Transporte Público de Galicia, que vén de completar a súa implantación o pasado 23 de decembro.

Reunións nos últimos días

O concello de Ames reuniuse o pasado venres coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e onte martes con Gonzalo Muiños, concelleiro responsable de esa área en Santiago. De ditas reunións non se coñeceu nada salvo a nota emitida hooxe pola Xunta de Galicia.

Lindeiros.gal preguntou esta tarde ao alcalde de Ames, José MIñones, quen declinou facer declaracións ata reunirse coas asociacións aínda que si dixo que “as competencias do transporte correspóndenlle á Xunta e non ao concello de Ames”.

Apoio técnico

A nota da Xunta indica tamén que “Pese a que a prolongación de liñas urbanas non é competencia autonómica, a Xunta ten trasladado ás administracións locais a súa colaboración técnica para atopar unha solución satisfactoria que garanta a prestación do servizo aos veciños”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial