A Xunta aposta polo Polígono Industrial de Vedra

0

Vedra, 6 de novembro do 2020 – O Delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, visitou os terreos do futuro polígono industrial de Vedra acompañado polo alcalde, Carlos Martínez Carrillo.

A Xunta aportará ao Polígono máis de 702.000 euros para a mellora das súas redes de distribución eléctrica. O investimento servirá para o reforzo, adecuación, adaptación e reforma das infraestruturas en servizo para incorporar as novas instalacións.

O prazo de execución do proxecto será de nove meses desde o inicio do mesmo.

Tres proxectos na provincia

A nova liña de investimentos permitirá executar un total de tres proxectos na provincia da Coruña en parques empresariais dos concellos de Vedra, Coirós e Aranga. En total, prevese mobilizar 2,3 millóns de euros a través destas iniciativas.

As axudas concedidas aos tres concellos coruñeses cubrirán o 80% do investimento, máis de 1,8 millóns de euros, e poden beneficiarse de anticipos de ata o 50%. Estas actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial