A Xunta destina dous millóns de euros á prevención da violencia de xénero e a conciliación na provincia

0

Bisbarra, 1 de cullo do 2021 – 74 concellos da provincia recibirán, da Xunta de Galicia, 2 millóns de euros para promover a conciliación, previr e tratar a violencia de xénero

Os fondos corresponden as axudas para igualdade destinadas as entidades locais. O investimento foi presentado en rolda de prensa por a Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o Delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

A Coruña
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentan en rolda de prensa os datos correspondentes á resolución das axudas ás entidades locais da provincia para a promoción da Igualdade.
30/06/2021
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña

Susana López explicou que estas axudas financian programas de conciliación, promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, apoio aos centros de formación á muller e proxectos de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres

O programa de conciliación conta con cerca de medio millón de euros. Chegará a 38 entidades locais para fomentar este tipo de medidas.A segunda das partidas recibe 114.000 euros destinados á promoción da igualdade e da prevención e tratamento da violencia de xénero en 12 entidades locais. En esta liña de axudas a Xunta financia accións orientadas a previr a violencia de xénero e mellorar a situación persoal, social e laboral das mulleres vítimas, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes s e doutras mulleres en situación de vulnerabilidade. Estes apoios inclúen medidas de loita contra a explotación sexual, incluída a prostitución.

As axudas aos centros de información á muller recibe 1,2 millóns de euros. En este caso a axuda chega a 29 CIM que dan cobertura a 56 concellos. Os cartos destínanse a manter os postos de traballo dos CIM e dos axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero

A cuarta liña, centrada na posta en marcha de medidas de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, recibe 149.000 euros. En este caso chegará a 27 entidades locais con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial