A Xunta instala, sen os permisos necesarios, fibra no Museo das Peregrinacións

0

Compostela, 18 de agosto do 2021- O concello de SAantiago abrirá un expediente á Xunta de Galicia por levar unha rede de fibra ao Museo das Peregrinacións sen os permisos necesarios.

Nos últimos días a Xunta Directiva da Asociación de Veciños do Casco Histórico queixouse por este tendido de fibra óptica por adiantarse aos plans que está levando a cabo o concello. A Asociación criticaba a dobre vara de medir.

A concelleira de urbanismo de Compostela, Mercedes Rosón, aclaraba onte que a rede de fibra que se instala non ten nada que ver co tendido que leva a cabo o concello. En este caso trátase dunha conexión entre a sede do Museo, na rúa de San Miguel, e a rede da Xunta.

O concello informa tamén de que se abrirá un expediente por esta actuación. Os traballos comezaron sen pasar pola Comisión do Casco Histórico, como si fixo o proxecto da operadora que está realizando o despregamento por todo este ámbito en diferentes fases e cun control na sua execución.

Mercedes Rosón explicaba onte que “Nestes momentos os técnicos municipais están realizando unha inspección deses traballos que están sendo executados e efectivamente será necesario abrir un expediente de disciplina urbanística porque non é de recibo que unha institución tan importante como é a Xunta esté desenvolvendo ese despregamento sen ningún tipo de licenza nin de proxecto, algo totalmente imprescindible para poder facer ese traballo”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial