A Xunta recupera a área recreativa e o lavadoiro de Oín en Rois

0

Rois, 22 de outubro do 2020 – O Goberno galego traballa na ampliación do abastecemento en varios núcleos de Rois e recupera a área recreativa e o lavadoiro de Oín.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as obras que a Xunta de Galicia está a financiar no municipio por un importe superior aos 54.000 euros, destinadas á mellora da área recreativa de Oín e á ampliación da rede de abastecemento no municipio.

A Xunta recupera a área recreativa e o lavadoiro de Oín en RoisAcompañada polo alcalde, Ramón Tojo, e polo concelleiro Manuel Cobas, Natalia Prieto visitou a área recreativa de Oín, que conta cun investimento de 30.600 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Con esta actuación estase a recuperar o lavadoiro de Barro, ao tempo que se adecúa o entorno da área recreativa de Oín coa limpeza dos muros e co cambio do pavimento actual. Ademais, prevese a colocación de luminarias, mesas de picnic e un valo de madeira, co obxectivo de convertela nunha zona de atractivo turístico e para atraer poboación.

O alcalde explicoulle polo miúdo a Directora as actuacións que financia a Xunta nesta zona e despois visitaron tamén as obras de abastecemento de auga de Castro a Barro. O Goberno galego destinou este exercicio outros 24.000 euros á ampliación do abastecemento en varios núcleos de Rois, tamén ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

Durante a visita, a directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre as administracións para levar a cabo actuacións dirixidas a mellorar os servizos municipais e a calidade de vida dos veciños. Ademais, sinalou o apoio do Goberno galego aos concellos a través de distintas liñas de subvencións e convenios, que na actualidade adquiren máis relevancia tendo en conta as consecuencias económicas da crise sanitaria do coronavirus.

A Xunta recupera a área recreativa e o lavadoiro de Oín en RoisA Administración autonómica vén colaborando co concello de Rois nos últimos anos en melloras no saneamento e abastecemento de distintos núcleos do municipio, en actuacións de eficiencia enerxética no alumeado público, na adquisición de maquinaria para labores ambientais ou na instalación de novos pavimentos en vías e infraestruturas públicas. Ademais, destaca a colaboración do concello en proxectos conxuntos con outras entidades locais. A Xunta colaborou en todas estas iniciativas nos últimos anos cun investimento de case 579.000 euros, tanto mediante o Fondo de Compensación Ambiental como da Orde de infraestruturas de uso publico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial