Abanca deixará caixeiros automáticos en Meson do Vento e A Baña

0

Bisbarra, 12 de agosto do 2021 – Abanca quere oficinas máis grandes, con máis persoal e mellor dotadas a costa de pechar as do rural.

Lindeiros púxose en contacto co departamento de comunicación de Abanca para concertar unha entrevista sobre o peche de oficinas no rural.

Manifestación en Mesón do Vento

Desde a corporación indícasenos que non poden atender a petición e que o peche de oficinas “se enmarca en el modelo de red comercial de ABANCA, que consiste en contar con oficinas más grandes, con más personal, con mayor grado de especialización y mejor dotadas desde el punto de vista tecnológico”.

Sobre o peche das oficinas de Mesón do Vento e A Baña, polas que preguntamos de xeito específico, Abanca explica que “En el caso de las dos oficinas que comentas se mantendrá el cajero automático operativo para dar servicio a los clientes”.

A imposibilidade de preguntar de xeito directo impide saber si haberá máis peches de oficinas. Tendo en conta o número de pequenos núcleos na bisbarra de Compostela, e a resposta dada desde Abanca, non se pode descartar que a estas dúas oficinas sigan outras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies