Brión, 27 de Nadal do 2017 – O BNG de Brión solicítalle ao Concello que inste a compañía Espina e Delfín a solucionar os continuos e reiterativos problemas no abastecemento de augas en moitas zonas do Concello.
O BNG de Brión a través do seu portavoz municipal, Xosé Penas, presentou onte unha proposta vía escrito ao goberno municipal solicitando actúe con todos os mecanismos legais ao fin de instar a compañía Espina e Delfín a solucionar dun xeito definitivo todos e cada un dos problemas que se repiten de forma regular no abastecemento de augas en diversas zonas e aldeas do Concello.
Dende o pasado 22 de decembro moitas vivendas de distintos lugares volven ter problemas na calidade da auga. Según o BNG a resposta por parte da compañía é sempre a mesma: que é apta para o consumo xa que pasa os “seus” controis. En outras ocasións a resposta é que posiblemente sexa cuestión de días, ou que se debe a algún produto “químico”. O problema xa ven de fai tempo, de feito o BNG de Brión presentou varias veces preguntas nos plenos no referido a este tema, tendo sempre a mesma resposta: todo é normal.
E por iso polo que o BNG insta ao concello a que cumpra a súa función de control, verificación e inspección sobre un tema tan importante para toda a veciñanza e que xa fai moito tempo agarda por unha solución a tan delicado tema.