Abre en Brión o Mercado Daquí Darredor

0

Brión, 2 de xullo do 2021 – A asociación Darredor, en colaboración co Concello de Brión, organiza o Mercado Daquí Darredor, unha feira que terá lugar os primeiros e terceiros venres de cada mes.

Daquí Darredor celebrarase no aparcadoiro traseiro do centro comercial Montebalado en horario de 18:00 a 22:00 horas,. Unha feira con produtos da horta (frescos ou transformados), artesanía, segunda man, actividades para as familias e que terá hoxe a súa inauguración.

Dende a asociación Darredor apuntan que “o mercado nace con moita ilusión e gañas. Para empezar, imos poñelo en marcha os primeiros e terceiros venres de mes en horario de tarde, desde as seis ata as dez. Tentarase organizar todos os días algunha actividade para a familia, entre as sete e as oito da tarde”. Hoxe venres, 2 de xullo, está previsto realizar unha pequena ruta pola beira do río Pego para coñecer as plantas medicinais que hai na zona.

Haberá sombra en toda a zona do mercado e, en caso de choiva, trasladaríase ao interior do centro comercial, no mesmo andar. Nesta primeira edición están confirmados un total de 17 postos de produto labrego, artesanía e segunda man. As persoas da contorna que desexen participar no mercado poden dirixirse a daquidarredor@gmail.com ou por whatsapp ao 633 122 772.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial