Abre o novo Centro de Saúde do Milladoiro

0

Ames, 11 de xaneiro do 2021 – Hoxe luns comeza a funcionar o novo Centro de Saúde do Milladoiro que atenderá a unha poboación de 15.000 persoas.

O Centro de Saúde foi visitado o pasado venres polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o Alcalde de Ames, José Miñones, acompañados dunha representación de persoas e cargos da área sanitaria.

Núñez Feijóo dixo do novo Centro de Saúde que “é modélico, probablemente non só en Galicia, senón en toda España. Vén para saldar unha débeda que tiñamos co Concello de Ames, un dos de maior crecemento poboacional”, engadiu, e aproveitou para felicitar aos seus veciños ao tratarse dun dos municipios con maior porcentaxe de natalidade “o cal significaba que tiñamos que actuar dunha forma clara”.

O alcalde de Ames agradeceu á veciñanza do Milladoiro os anos de espera, os desprazamentos para atender cuestións sanitarias e o respecto a pesares de convivir coas carencias do anterior centro.

2.000 metros cadrados de servizos

A instalación conta cunha superficie de máis de 2.100 m2, que quintuplica a do centro de saúde actual, uns 400 m2, cunha mellora da accesibilidade e cun esquema de espiña de peixe, con patios arborizados, o que favorece a práctica asistencial e tamén o confort do persoal sanitario, que traballará en dúas quendas.

O edificio, segundo detallou o titular do Goberno galego, está composto basicamente dunha planta e está estruturado en bloques: un para a área de muller e para a de pediatría; tres bloques para consultas de adultos, nas que se incorpora o novo servizo de odontoloxía; e un último bloque para o novo servizo de fisioterapia e rehabilitación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial