Volve en abril a Andaina Bisbarra do Sar

0

Bisbarra, 26 de xaneiro do 2022 – A Andaina Bisbarra do Sar chegará o sábado 2 de abril á súa décimo quinta edición e abre xa as inscricións ata o 24 de marzo.

A Andaina, cun percorrido de 50 quilómetros, discorre polos municipios de Padrón, Dodro e Rois, e é puntuable para a Copa Galega de Andainas en esta distacia. A participación tamén está aberta a todas aquelas persoas que se animen a andar treitos máis curtos ou que queiran cubrila correndo. As inscricións poden facerse na páxina http://andainabisbarradosar.com/.

O percorrido iniciarase ás 9.00 da mañá na rúa padronesa de Tetuán (onde o supermercado Gadis) e dividirase en tres aneis de 16, 18 e 16 quilómetros respectivamente. Aquelas persoas que non poidan ou queiran facer a proba enteira terán a opción de empezala tamén no segundo anel ou abandonala ao final dalgún dos treitos intermedios. Neste caso, levarán un diploma no que figurará o número de quilómetros realizados.

Só os participantes que completen o percorrido obterán a acreditación válida para a Copa Galega de Andainas. O tempo máximo do que dispoñen é de 12 horas.

A outra posibilidade de participación é correndo. Quen opte por esta modalidade, terá un un tempo máximo de seis horas e media para completar a proba.

As inscricións teñen un custo de 11 euros para persoas con ficha na Federación Galega de Montaña e de 13€ para o resto. Estes prezos incrementaranse en dous euros a partir do 1 de febreiro. O prazo para apuntarse rematará o xoves 24 de marzo ou cando se cubran as prazas dispoñibles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies