Compostela, 19 de xaneiro do 2022 – Acordo definitivo de Compostela Aberta e PSdeG Psoe para a aprobación dos orzamentos da cidade.
O documento foi asinado polos voceiros do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte; e de Compostela Aberta, Marta Lois. O texto fai referencia á necesidade de acadar acordos para superar a pandemia e engade que “mantivemos un diálogo construtivo, pensando sempre no interese do noso municipio, e na mellora das vidas das nosas veciñas e veciños”.
Nas conversas participaron tamén a concelleira de facenda socialista, Marta Abal, e a concelleira de Compostela Aberta María Rozas. O acordo en calquera caso so garante a abstención de Compostela Aberta xa que desde o grupo se considera que os orzamentos “seguen sendo pouco ambiciosos no que tén que ver coas políticas sociais e manteñen rebaixas en partidas fundamentais como a da Ordenanza de Garantía Básica”.
Tres eixes
O acordo, explican, pivota en torno a tres eixes moi concretos. O primeiro é no que se enumeran “cuestións fundamentais para a cidade” nas que existen puntos de encontro. Son as políticas sociais e de igualdade, as instalacións educativas, a mellora nos barrios, os investimentos no rural, os equipamentos deportivos, ou plan de reindustrialización.
O segundo eixo, recolle medidas como a integración da Praza do Matadoiro no Parque de Belvís, a cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga Palacios, parques biosaudables, a humanización do Campus, o plan de accesibilidade universal càra a mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas dos distintos barrios da cidade. En canto ao terceiro dedícase aos novos acordos, incorpórase unha partida para a “Vía verde de Compostela”, retómanse os orzamentos participativos e impulsaráse un “Plan municipal de canguraxe”, que son algunhas das demandas de Compostela Aberta xunto cun plan de melloras nos CEIPs e diferentes investimentos nos barrios e no rural,