Acordo de mellora das condicións laborais do servizo de axuda ao fogar en Vedra

0

Vedra, 19 de outubro do 2020 – O sindicato Comisións Obreiras ven de asinar un acordo co concello de Vedra que mellora as condicións laborais dp servizo de axuda no fogar do municipio.

O acordo é froito dunha negociación entre CCOO e o Concello de Vedra que comezou o ano pasado. No documento, as partes recoñecen “a necesidade de poñer en valor o traballo de axuda no fogar e dotalo do correspondente recoñecemento social”.

Casa do concello de Vedra

As negociacións que agora fructifican comezaron xa en 2019. CCOO agradece a disposición do Concello de Vedra e da empresa concesionaria, Atendo Calidade, para mellorar as condicións laborais nun sector eminentemente feminizado e onde a “sobrecarga de traballo é a norma”, situación que se agravou por mor da pandemia.

Entre as melloras conseguidas está a redución da xornada anual de xeito progresivo ata chegar no ano 2022 a 1710 horas, 38,5 semanais, e de 1665 en 2023, 37,5 semanais. Tamén se inclúen novos festivos de convenio: 22 de maio (Santa Rita) e 24 e 31 de decembro.  Outra mellora de carácter social é o aumento no número de días de asuntos propios xa que o convenio fixa catro, que aumentarán anualmente ata chegar a nove en 2023.

No aspecto económico, a dieta de quilometraxe aumentará a 0,25 euros por quilómetro xa desde o 1 de xaneiro de 221, contando a partir da Casa Consistorial de Vedra ata o primeiro destino. Tamén se crea un

plus de dispoñibilidade de 150 euros mensuais para as coordinadoras que voluntariamente entren a participar no sistema de retén ou de garda, co máximo dunha fin de semana ao mes.

Nova patronal para negociar un convenio galego

CCOO destaca tamén o compromiso logrado coa empresa concesionaria, Atendo, para fomentar a constitución dunha patronal galega do sector, de xeito que se poida negociar un convenio autonómico de axuda no fogar onde implementar melloras como as logradas en Vedra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial